Vaya al Contenido

Regulamento da ruta - CC BTT SAN MIGUEL

CC San Miguel
Saltar menú
Saltar menú
Saltar menú

Regulamento da ruta

Inscribirse

 
1.- Información xeral.

O CC San Miguel coa colaboración do Concello de Monterroso organiza a VIIIº Desafío San Miguel, ruta cicloturista libre, federada e non competitiva que terá lugar o domingo 14 de setembro de 2.025 con saída na Praza do Conselleiro Fernando Salgado (Cúpula) e chegada ao mesmo lugar de Monterroso.
O VIIIº Desafío San Miguel é unha ruta BTT regulada polo Regulamento de Cicloturismo. Defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición. Esta proba está sometida ás disposicións dos artigos 15 e seguintes do anexo II do Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, aprobado polo Real Decreto lexislativo 339/1990, de 2 de marzo.

1.1 - A saída darase o domingo 14 de setembro de 2025 ás 9:30 horas. É unha ruta de dificultade física e técnica media-alta na ruta longa (57 km) e media na ruta curta (37 km), dos cales os primeiros 2 quilómetros serán neutralizados.

1.2 - Os participantes deberán cumprir os horarios propostos pola organización nos distintos puntos de paso. Establecerase un control de paso para aqueles ciclistas que desexen facer a ruta longa e que pasen despois das 12:30 horas polo segundo avituallamento, serán desviados o percorrido curto, en caso de que o participante faga caso omiso do exposto, rematará a proba baixo a súa enteira responsabilidade, sen ser controlados pola Organización e cos riscos que iso supón.

1.3 - Tódolos participantes serán conscientes da súa capacidade física e limitación para o desenrolo da ruta establecida polo VIIIº desafío San Miguel.

1.4 - O peche de control será o domingo 14 de setembro de 2025 ás 15:00 horas.

O participante que sobrepase estes horarios deberá abandonar la proba de maneira obrigatoria, ou ben quedará excluído da proba, pasando baixo a súa responsabilidade a ser un usuario normal das vías públicas se decidira continuar o percorrido en bicicleta.

2.- Percorrido

O itinerario e perfil do mesmo, estará publicado na páxina web e no Facebook do CC San Miguel en diferentes formatos para poder ser usado nos respectivos Gps e antes da celebración do evento.

O itinerario discorre por camiños e sendeiros da Comarca da Ulloa e da Ribeira Sacra e cada participante deberá ser plenamente consciente da lonxitude, dificultade e do terreo e as súas características polos lugares que pasa a proba (tanto da ruta curta como da longa), que se desenvolve baixo posibles condicións climáticas de frío, chuvia, vento, etc. polo tanto debe preverse que a indumentaria, calzado, etc. sexa o máis apropiada posible.

Non existirán balizas na proba, so estarán sinalizados os cruzamentos mais perigosos.

É responsabilidade do participante localizar a sinalización e seguila, complementada co dispositivo Gps do que dispoña.

3.- Inscrición

Establécese un máximo de 250 participantes (seleccionados por rigorosa orde cronolóxica de inscrición).

As inscricións ábrense o 01 de agosto de 2025 e cérranse o 10 de setembro de 2025 ou cando a organización o estime oportuno en función do número de inscritos.
Estas inscricións ten un importe de 20 €. Para o participantes federados e 32 € para os non federados. O importe da inscrición dá dereito ao seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, lavado de bicis, avituallamentos e duchas.

A idade mínima para participar na proba é de 16 anos cumpridos antes do día da proba. Os menores de idade deberán aportar cando recollan o seu dorsal unha AUTORIZACIÓN para participar na ruta, firmada por parte do pai/nai ou titor, que poderán descargar dende a páxina web do Club Ciclista San Miguel (bttsanmiguel.es).
Soamente se aceptarán inscricións pagadas antes de finalizar o prazo de inscrición, é dicir, NON EXISTE a posibilidade de preinscrición e pago ao recoller o dorsal.
O pago só se pode realizar por internet da maneira que sexa proposta pola organización.

As inscricións consideraranse definitivas polo que en caso de non poder participar non se realizará a devolución da inscrición.

As inscricións son estritamente persoais e intransferibles, non poden ser utilizadas por outra persoa diferente da inscrita. Non é posible a substitución dun participante por outro.

4.- Categorías

A idade mínima para participar na proba son 16 anos cumpridos antes do día da proba.

5.- Seguro

A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado) e de Asistencia Sanitaria, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT e dos lugares por onde transcorre.

E requisito indispensable que no momento da inscrición figure con exactitude e claridade o nome, apelidos e DNI do participante.

A participación na proba está baixo a responsabilidade e propio risco dos participantes.

O participante no momento da súa inscrición manifesta atoparse fisicamente apto para a proba.

6.- Recollida de dorsais

A entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas do día 14 de setembro na Praza Conselleiro Fernando Salgado (Cúpula).A recollida de dorsais farase de xeito individual. Todo participante deberá levar, de forma obrigatoria e visible: a placa/dorsal na bicicleta.

Todo participante que non leve colocado de maneira visible o dorsal/placa de bicicleta será excluído do percorrido polos membros da organización ou polas forzas da orde.

O dorsal/placa é un artigo persoal e intransferible. A persoa inscrita só poderá participar co dorsal/placa que lle foi asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outras persoas.

Para recoller o dorsal/placa é OBRIGATORIO presentar o DNI e a Licenza Federativa no seu caso.

7.- Avituallamentos

Ao largo do percorrido existirán varios avituallamentos líquidos e sólidos

8.- Servizos médicos

A organización dispoñerá, durante o desenvolvemento da proba dunha ambulancia e dun servizo de duchas e limpeza de bicicletas.

9.- Seguridade

Tódolos participantes, deberán observar escrupulosamente as disposicións da Lei de Seguridade Vial e o seu Regulamento, a proba discorre nalgúns tramos por vías abertas ao tráfico.

Quen non cumpra a lei será expulsado da ruta e non poderá inscribirse nas edicións posteriores.

Cada participante ao inscribirse na marcha recoñece ter lido a totalidade do presente regulamento e con iso asume os riscos inherentes á participación nunha proba aberta ao tráfico, ao tempo que exclúe á organización de toda responsabilidade, por calquera incidencia ou accidente derivado da participación da mesma.

10.- Accidentes e perdas

A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser vítima o participante, que deberá estar cuberto polo seguro propio da licenza da Federación Galega de Ciclismo ou da licenza por un día, como tampouco se fará solidario dos gastos nin débedas que puideran contraer os participantes durante a proba, nin de extravíos ou avarías que puidesen sufrir as bicicletas ou outro equipamento dos participantes. O participante exime á organización da responsabilidade por perda ou deterioro de obxectos persoais por calquera circunstancia.

Non obstante, por parte da organización, prestaráselles a asistencia de primeiros auxilios, dentro dos medios que se dispoñan.

A sinatura da inscrición por parte do participante, ou dos seus pais ou titores no caso dos menores de 18 anos, implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:

Eximo de toda responsabilidade que, na participación da “VIIIº Desafío San Miguel”, puidese derivar como perda de obxectos persoais, débedas ou gastos que se puidesen contraer, lesións propias ou a terceiros, ó Concello de Monterroso e o Club Ciclista San Miguel, sponsors ou patrocinadores, directivos, empregados e demais organizadores da marcha.

Así mesmo, coñezo e estou de acordo coas coberturas do seguro que ten a proba e renuncio a toda acción legal (non limitada ao risco de lesións), como consecuencia da participación na marcha.

11.- Modificación e dereito de admisión

A organización resérvase o dereito de realizar as modificación oportunas que estime oportunas, cando por algún motivo o estime conveniente ou necesario, co fin de garantir o bo desenvolvemento da ruta. E así mesmo resérvase o dereito de admisión.

12.- Medio ambiente

A ruta BTT desenvólvese por camiños e sendeiros dunha excepcional beleza natural, polo que será obrigación de todos preservar o entorno estando prohibido tirar lixo fóra dos sacos instalados nos puntos de avituallamentos. Será motivo de exclusión da proba o incumprimento desta norma elemental por parte dos ciclistas.

13.- Dereito de imaxe

A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización do VIIIº Desafío San Miguel á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de todas a formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, dvd, internet, carteis, etc) , e cede todos os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito pola súa parte a recibir compensación económica algunha.

14.- Penalización

De maneira estrica, se realizará la penalización de aqueles participantes que:

1. Non respecten o código de circulación.
2. Non respecten as consignas de seguridade indicadas por forzas da orde e pola propia organización.
3. Non pasen polo control de saída e polos outros situados no percorrido.
4. Ensucien ou degraden o itinerario, tirando desperdicios.
5. Dispoñan de vehículos de apoio propio, entorpecendo a marcha do resto.
6. Comportamentos que impidan el normal desenvolvemento da proba e que vaian en contra do presente regulamento.
7. Non utilicen o casco (é obrigatorio)
8. Non leve colocado de maneira visible o dorsal/placa da bicicleta.
9. Utilizar E-bikes modificadas incumprindo a restrición da axuda máxima de 25 km/h que marca a lexislación.

Os membros das forzas da orde e da organización, tomarán nota de aqueles participantes que realicen algunha das condutas indicadas anteriormente.

A organización adquire o compromiso fronte ao resto de participantes e fronte ás autoridades de sancionalos de maneira efectiva.

A penalización consistirá en.
1. Descualificación da proba.
2. Inclusión en listados dos participantes sancionados, para súa posterior publicación.
3. Prohibición de participar en futuras edicións.
4. As sancións impostas polas autoridades.
15.- Trofeos e premios
Por parte da organización do desafío se así o acorda, poderanse entregar trofeos ou premios aos participantes, ben por clasificación na ruta ou por tempos de tramos determinados, idades, clubs, etc., ditos trofeos e premios en canto os tempos empregados estarán claramente diferenciados pola clase de bicicleta que levou o participante durante o percorrido, ben musculares ou E-bikes. Os participantes deberán informar a organización do desafío o tipo de bicicleta empregada a tal fin.

16.- Vehículo “Fin de Proba”

A organización disporá dun vehículo “fin de proba” onde sexa accesible e de algúns ciclistas nos tramos que non sexan accesibles.
Todo participante ao ser adiantado polo vehículo/ciclista de “Fin de proba” considerarase fóra da mesma, e deberá entregar o dorsal/placa da bicicleta.

17.- Suspensión da proba

A organización non asumirá ningunha responsabilidade se o evento se suspende ou apraza por causas de forza maior.

Así mesmo a organización non se fai responsable das decisións que a título persoal tomen os participantes como consecuencia da suspensión da mesma.

18.- Aceptación

O mero feito de inscribirse nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia de todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba.

19.- Protección de datos

O Club Ciclista San Miguel, garante o pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así, de acordo coa Lei Orgánica 03/2018, o asinante queda informado e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheiros automatizados existentes no Club e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación coas xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma.

A política de privacidade do CC San Miguel asegúralle, en todo caso, o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación vixente, mediante escrito dirixido ao CC San Miguel, Frameán nº 30 27560 Monterroso (Lugo), sendo responsable do ficheiro o CC San Miguel aos efectos da dirección antes indicada.

O asinante acepta que poidan se cedidos os seus datos exclusivamente para aquelas actividades encamiñadas ao correcto funcionamento da xestión e administración interna do CC San Miguel. A aceptación do asinante para que poidan ser tratados ou cedidos os seus datos na forma establecida neste parágrafo, ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao disposto no artigo 4 da Lei Orgánica 03/2018 do 05 de decembro.
 
Regreso al contenido