Se queres valora o Desafío San Miguel, grazas
12 reseñas

Unha aventura de nome Desafío San Miguel chega ao seu fin noutra edición, e como non podía ser de outra forma, non houbo incidencias, só boas vibracións, esforzo e moita paixón polo ciclismo cun día cheo de emoción e bo ambiente, polo que non podemos sentirnos máis orgullosos. Unha ruta chamada Desafío desde os seus comezos na que todos xuntos gañamos facendo do deporte do ciclismo de montaña unha festa.
No Desafío San Miguel, non só cruzamos metas, tamén creamos momentos que quedarán para sempre, na que máis que unha carreira e unha familia sobre dúas rodas.
Só queda dar as grazas ata o infinito e máis alá a tódalas persoas voluntarias polo voso tempo, sorrisos e axuda constante.
Tamén queremos agradecer a tódalas institucións que colaboraron con este proxecto para que fora posible.
E como non, grazas enormes a todas e tódolos participantes do Desafío San Miguel por dar o mellor de vós pola vosa entrega, paixón e deportividade ao longo da proba e encher os camiños, carreiros e montes de ilusión.
Pedir desculpas se houbo algún fallo ou erro pola nosa parte, xa que non somos perfectos e o noso fin e intentar facelo da mellor maneira posible.
Sen máis, ata sempre familia ….